Atlantic Emprede+ Gaiás

Posted on Posted in Eventos

30 de marzo. Cidade da Cultura.
Museo Centro Gaiás, andar -1. Santiago de Compostela.

Un encontro entre profesionais, emprendedores/as, empresas e estudantes para analizar as transformacións e desafíos do sector musical.
Que agardan as marcas dun evento? Como se consume música a día de hoxe? Quen decide o que escoitamos? Sabemos aproveitar todas as posibilidades das redes sociais? Como lles afectan os festivais aos territorios que os acollen? Cales son as claves para manter carreiras de longa duración? Como debe afrontar un artista unha entrevista difícil?
A segunda edición do Atlantic Emprende + Gaiás convida a atopar respostas a estas cuestións da man de recoñecidos produtores/as, managers e xornalistas, nunha xornada con concertos das bandas galegas Mordem e Mare Ladson; cunha exposición do deseñador de carteis musicais Xavier Forné; e cunha cita gastronómica da man do Cociñeiro Mahou Luis Veira, galardoado cunha estrela Michelin no seu restaurante Árbore da Veira.

Programa Atlantic Emprende+ Gaiás.
30 de marzo
12 – 22 h. Exposición de carteis musicais de Xavi Forné (Error! Design)
Xavi Forné, autor de posters para bandas internacionais como Wilco, Mastodon ou The Black Keys, un dos deseñadores de carteis máis demandados.
Venda e firma de posters ao remate da keynote 18:00

12 h. A influencia da cultura nos territorios
A influencia dos eventos musicais nas movementos sociais e políticos, de eventos que producen cambios e transformacións e que conseguen facer medrar as cidades nas que se producen.
Convidados: Por confirmar. Conducido polo xornalista Javier Becerra.

13 h. A marca que nos marca.
Como traballar con sponsors? As claves do apoio das marcas aos eventos musicais. Colaboración coa viabilidade dos proxectos. Como falar coas marcas? Que agardan do teu evento?
Relator: Pedro Álvarez Cortizo, responsable de Patrocinios de Movistar na Zona Norte de España.

13.50 h. Concerto Marem Ladson.
A artista galego-estadounidense, unha das últimas revelacións da música española, debutou a primavera pasada co seu primeiro álbum que recibiu críticas entusiastas que a levaron a participar en numerosos festivais nacionais.

14.50 h. Xantar en Gaiás polo Cociñeiro Mahou, Luis Veira. [Entrada 25 €]
Menú especialmente deseñado para este evento polo cociñeiro galego Luis Veira, galardoado cunha estrela Michelin polo seu traballo no restaurante Árbore da Veira na Coruña.
O prazo para mercar a túa entrada para o xantar remata o 22 de marzo. Dispoñible unha opción vexetariana. Menú por confirmar.

17 h. A música que nos rodea.
Playlists, soundtracks, series, películas… As vías para conectar coa audiencia están a mudar dun xeito vertixinoso. Quen escolle o que escoitamos? Como se xestiona ese uso? Unha análise sobre os famosos 15 segundos que determinan a elección do consumidor.
Relatora: Keina García. (Artica Pro / Mushroom Pillow)
Directora e socia fundadora de Artica, actualmente manager de artistas como Najwa Nimri, El Columpio Asesino, La Habitación Roja, WAS, La Bien Querida, Triángulo de Amor Bizarro, Sr Chinarro…

17. 40 h. O deseño de carteis de música.
As claves dun deseño de éxito. Keynote + Exposición Xavi Forné (Error! Design)
Venda e firma de carteis.

18.10 h. Facer música aos 50.
Pode o meu proxecto perdurar no tempo e mesmo revalorizarse? Cales son as esixencias do mercado para poder sobrevivir? O difícil equilibro entre o pragmatismo dos cambios estratéxicos ou o custo de manter a toda costa unha liberdade creativa.
Relator: Miqui Puig
Líder de Los Sencillos, compositor, produtor, locutor, presentador, manager e participante en populares programas de televisión como Factor X ou Operación Triunfo.

18:50: Elas cantan, Elas falan.
O rol da muller da industria e poder das palabras para enfrontarse ás entrevistas, de que xeito facerlle fronte ás cuestión delicadas que afectan aos artistas.
Relator: Toni Castarnado
Xornalista colaborador en MondoSonoro, Ruta 66, El País e Cadena SER. Autor dos libros “Mujer y música”, “In-Edit. Made in Barcelona” e “Ellas cantan, Ellas hablan”.
Venda e firma de libros ao remate.

19. 30 h. Keynote MIM. (Muller na Industria da Música).
Relatora: Maritxu Alonso.
Educadora social, profesora e investigadora feminista. Actualmente compatibiliza o labor docente, a escritura académica e o traballo musical en áreas de Produción e Comunicación, formando tamén parte activa da Asociación MIM.

20 h. A forza da imaxe.
Como se consume a día de hoxe a música? Como facer vídeos que te representan e adquiren a túa identidade? Como gravar vídeos para os diferentes formatos: stories, youtube, Igtv…
Relator: Joao Vasconcelos (Canal 180 – Portugal)
Fundador de TV portugués Canal 180, canle premiada en Cannes, dedicada á nova xeración de creadores.

21 h. Concerto Mordem.
Elba Fernández embarcouse neste novo poxecto tras finalizar a súa etapa como Jane Joyd. A artista galega pechará esta edición co seus sons máis variados, próximos ao trip hop, o R&B, a música ambiente…

Acceso gratuito mediante registro na nosa web: www.atlanticfest.com

Atlantic Emprende+ Gaiás.
Capacidade limitada. Acceso de balde previa inscrición en: www.atlanticfest.com/emprende

Ticket para o xantar do Cociñeiro Mahou, Luis Veira (25 euros):
Menú por confirmar. Prazas limitadas. www.atlanticfest.com/emprende

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *